Muy buenas a todos blogeros, en este artículo en colaboración con Lu y
después de haber machacado la técnica de pértiga, os presentamos en
primer lugar una entrevista realizada a la joven pertiguista Raquel Peña
junto a su entrenador y atleta Rubén Arroxo, donde a continuación
mostramos la técnica y las diferencias que se presentan entre una
saltadora novel y una veterana.
¡ENTRA VIDEO!
HISTORIA
Esta disciplina recorda un gran número de actividades, xa sexan cretenses,
celtas ou holandesas.
A vocación primeira deste tipo de salto parece ser a superación de obstáculos horizontais. Doutra banda, é baixo a forma de saltos de lonxitude con pértega como foron organizadas determinadas competicións a principios do século XIX. Os ingleses foron os primeiros en transformar este salto, dándolle a súa vocación vertical. Cara 1850, en efecto, organizan un “salto con pértega con impulso” no que os competidores están autorizados a subir pola pértega durante o salto. Robert Musgrove era un dos saltadores máis coñecidos. Esta forma de práctica permanecerá durante moito tempo como a única utilizada e non se prohibirá ata 1889.
Un francés, Fernand Gonder, converterase nun dos primeiros récordmen do mundo cun salto de 3,74 m en 1905. Pero moi pronto o récord cruzará o Atlántico para converterse durante longo tempo nun case-monopolio americano. Paralelamente á evolución deste récord, producirase unha mellora constante do material, a pesada pértega (máis de 10 Kg.) dotada dun cravo, alixéirase progresivamente. O bambú sucédelle e xeneralízase desde 1905. Logo aparece o cajetín de batida. A técnica de franqueo tamén sofre transformacións importantes. Ademais, é interesante constatar ata que punto están ligados técnica de salto e material utilizado.
Aínda que os primeiros saltadores superan o listón en posición de “cadeira”, moi pronto chegan a un esbozo de investimento e a unha flexión do corpo por encima do listón (o “Jack knife”).
Os saltadores de pértega máis destacados da súa época, doutra banda, foron os inventores dunha nova técnica de franqueo ou os promotores dun material mais óptimo. Así, o noruego Charles Hoff populariza o “fly away”, técnica que xa dá preferencia á velocidade horizontal e favorece, deste xeito, o paso do listón. Lentamente pero con seguridade, os atletas proseguen a súa ascensión:
A vocación primeira deste tipo de salto parece ser a superación de obstáculos horizontais. Doutra banda, é baixo a forma de saltos de lonxitude con pértega como foron organizadas determinadas competicións a principios do século XIX. Os ingleses foron os primeiros en transformar este salto, dándolle a súa vocación vertical. Cara 1850, en efecto, organizan un “salto con pértega con impulso” no que os competidores están autorizados a subir pola pértega durante o salto. Robert Musgrove era un dos saltadores máis coñecidos. Esta forma de práctica permanecerá durante moito tempo como a única utilizada e non se prohibirá ata 1889.
Un francés, Fernand Gonder, converterase nun dos primeiros récordmen do mundo cun salto de 3,74 m en 1905. Pero moi pronto o récord cruzará o Atlántico para converterse durante longo tempo nun case-monopolio americano. Paralelamente á evolución deste récord, producirase unha mellora constante do material, a pesada pértega (máis de 10 Kg.) dotada dun cravo, alixéirase progresivamente. O bambú sucédelle e xeneralízase desde 1905. Logo aparece o cajetín de batida. A técnica de franqueo tamén sofre transformacións importantes. Ademais, é interesante constatar ata que punto están ligados técnica de salto e material utilizado.
Aínda que os primeiros saltadores superan o listón en posición de “cadeira”, moi pronto chegan a un esbozo de investimento e a unha flexión do corpo por encima do listón (o “Jack knife”).
Os saltadores de pértega máis destacados da súa época, doutra banda, foron os inventores dunha nova técnica de franqueo ou os promotores dun material mais óptimo. Así, o noruego Charles Hoff populariza o “fly away”, técnica que xa dá preferencia á velocidade horizontal e favorece, deste xeito, o paso do listón. Lentamente pero con seguridade, os atletas proseguen a súa ascensión:
4 m en 1912 (Wright. EE.UU.).
4,25 men 1925 (Hab, NorLiega).
4,5 m en 1937 (Sefton. EE.UU.)
Entón chega o amado de Cornelius Warmerdam (EE.UU.), que levará o record ata 4,77 m. en 1942. O ano 1950 ve a aparición das pértegas metálicas (aleación cobre-aluminio), que xa ofrecen certa flexibilidade. Coa axuda de tales artefactos Bob Richards farase con dous títulos olímpicos (Helsinki e Melbourne). O último recordman do mundo antes da aparición da fibra de vidro é o americano Don Bragg, que alcanza 4,80 m en 1960.
E chega a “revolución”! Os adeptos ás pértegas flexibles baten e rebaten o récord, que pasa a 5 m en 1963 (Sternberg, EE.UU.), logo a 5,20 m en 1964 (Pennel. EE.UU.). 5,36 m en 1967 (Seagren, EE.UU.), etc. Grandes saltadores de pértega europeos aparecen entón: o sueco lsaksson, o francés dEncausse e o alemán do este Nordwig.
Actualmente hai tantos saltadores de calidade que resultaría pesado citar a todos os que lograron o récord nestes últimos anos. O record do mundo é actualmente de 6,13 m (Bubka, URSS).
4,25 men 1925 (Hab, NorLiega).
4,5 m en 1937 (Sefton. EE.UU.)
Entón chega o amado de Cornelius Warmerdam (EE.UU.), que levará o record ata 4,77 m. en 1942. O ano 1950 ve a aparición das pértegas metálicas (aleación cobre-aluminio), que xa ofrecen certa flexibilidade. Coa axuda de tales artefactos Bob Richards farase con dous títulos olímpicos (Helsinki e Melbourne). O último recordman do mundo antes da aparición da fibra de vidro é o americano Don Bragg, que alcanza 4,80 m en 1960.
E chega a “revolución”! Os adeptos ás pértegas flexibles baten e rebaten o récord, que pasa a 5 m en 1963 (Sternberg, EE.UU.), logo a 5,20 m en 1964 (Pennel. EE.UU.). 5,36 m en 1967 (Seagren, EE.UU.), etc. Grandes saltadores de pértega europeos aparecen entón: o sueco lsaksson, o francés dEncausse e o alemán do este Nordwig.
Actualmente hai tantos saltadores de calidade que resultaría pesado citar a todos os que lograron o récord nestes últimos anos. O record do mundo é actualmente de 6,13 m (Bubka, URSS).
ZONA DE SALTO E MATERIAIS
A zona de salto con pértega componse do corredor para efectuar a carreira de impulso, do cajetín para aloxar a extremidade da pértega, de dous saltómetros con listón e da zona de caída do atleta
- O CORREDOR
A lonxitude do corredor pode ser ilimitada, non debendo ser menor de 40 metros
e sempre que sexa posible de 45 m. O corredor deberá ter unha anchura de 1,22
m. A zona de caídas terá unhas dimensións mínimas de 5 m de lonxitude por 5 m
de anchura, máis as pezas de protección dianteiras. En Campionatos do Mundo,
Xogos Olímpicos, Copas do Mundo, Campionatos de Área, de Zona Xeográfica ó de
Grupo e en Competicións Internacionais, as dimensións mínimas serán de 6 m de
lonxitude por 6 m de anchura máis as pezas de protección dianteiras.
- O CAJETÍN
O cajetín é o recipiente construído a base dun material ríxido apropiado
e destinado a aloxar a extremidade da pértega que o saltador ten que introducir
para que lle sirva de apoio no desenvolvemento do salto. O cajetín colocarase
de modo que, as arestas superiores das súas distintas caras enrasen coa
superficie do pavimento, permanecendo entón a concavidade enterrada. O cajetín
deberá medir 1000 mm de lonxitude polo interior do seu fondo e 600 mm de
anchura na parte anterior, a cal irá diminuíndo no fondo ata chegar a 150 mm de
ancho na parte inferior do tope. A lonxitude do cajetín a nivel da pista e a
altura do tope dependerá do ángulo formado entre este e a base, que deberá ser
de 105 grados. O fondo do cajetín estará inclinado dende o nivel da pista ata o
punto no que se une ao tope, onde terá unha profundidade de 200 mm medida
verticalmente dende a superficie do pavimento. O cajetín estará construído de
tal forma que os seus costados se inclinen cara a fóra ata o tope, formando un
ángulo coa base de 120 grados aproximadamente.
Se o cajetín é de madeira, o fondo irá forrado dunha chapa de metal de
2,5 mm de groso, nunha lonxitude de 800 mm desde a parte anterior do mesmo.
- OS SALTOMETROS
Os saltómetros
son os postes verticais que sosteñen a barra transversal ou listón. A súa constitución así como a forma e dimensións da
súa sección transversal non están reglamentados, unicamente se estipula que o
saltómetro ten que ser ríxido. O saltómetro dispoñerá dunha base que asegure a
súa posición vertical; a fixación ao chan poderá ser mediante un tubo de anclaxe
con tapa, da profundidade de empotramento que proporcione a rixidez adecuada ao
saltómetro ou ben será a través de varios puntos perimetrais que fixen unha
base corrediza. O saltómetro terá un percorrido en dirección paralela ao
corredor, de forma que o listón poida ser desprazado 80 cm. no sentido da zona
de caída, dende o plano vertical do bordo interno da parte superior do cajetín
(liña cero). Isto pódese materializar desprazando os saltómetros sobre raíles
ou utilizando saltómetros fixos con soportes graduables horizontalmente.
A base dos
saltómetros deberá estar cuberta dun material almohadillado que protexa aos
atletas e ás pértegas nas caídas.
- BARRA TRANSVERSAL OU LISTÓN
A barra transversal é o listón que, colocado
sensiblemente horizontal, indica a altura a franquear polo saltador. Será de
fibra de vidro ou outro material apropiado, pero non de metal. A súa sección
transversal será circular excepto nos extremos. A barra terá unha lonxitude
comprendida entre 4,48 m e 4,52 m e unha masa máxima de 2,25 Kg.
O diámetro da
barra circular será de 30 mm As extremidades da barra circular estarán
construídas de modo que presenten unha superficie plana a fin de poder colocala
sobre os soportes dos saltómetros.
Esta superficie
plana non pode estar mais alta que o centro da sección transversal vertical do
listón.
As partes do
listón que se apoian sobre os soportes deberán ser lisas. Non poden estar
cubertas con goma ou outro material que teña efecto de aumentar a adherencia
entre as superficies.
- SOPORTES
O listón
apoiarase sobre uns tacos cos seus soportes solidariamente unidos aos
saltómetros, fabricados por un sistema a determinar.
Os tacos dos
soportes deberán ser circulares de non máis de 13 mm de diámetro en toda a súa
lonxitude, non sobresairán mais de 55 mm dos elementos de apoio e estes
elevaranse 35 - 40 mm por encima dos tacos. Cada un dos soportes quedará
colocado de tal modo, que a barra se asentará sobre estes soportes para que si
un concursante ou a súa pértega a toca caia facilmente a terra en dirección á
zona de caídas.
Os tacos non
poden estar cubertos con goma ou con calquera outro material que teña o efecto
de aumentar a adherencia entre eles e a superficie do listón, nin poden ter
ningunha clase de peiraos.
- ZONA DE CAIDAS
A zona para as caídas do saltador deberá ser un
rectángulo dunha lonxitude mínima de 5 m por unha anchura mínima de 5 m.
A zona de caídas
estará cuberta por unha colchoneta ou varias, dun material resistente ás
condicións climatolóxicas, á acción dos cravos do atleta e de características
elásticas, a súa altura será como mínimo de 60 cm.
A colchoneta de
caídas estará a 0,10 m dos saltómetros para evitar o risco de que o listón sexa
desprazado ao entrar en contacto a colchoneta coa zona de caídas. Os lados da
zona de caída máis próximos ao cajetín estarán colocados a unha distancia entre
0,10 e 0,15 cm. do mesmo e cunha inclinación cara a fóra do cajetín nun ángulo
de 45º respecto da vertical.
A colchoneta de
caídas estará deseñada para protexer ao atleta na caída desde unha altura de
6,50 m,
A colchoneta de
caídas poderá colocarse sobre unha base ou plataforma, xeralmente de rexa de
non máis de 10 cm. de altura para favorecer a ventilación, a parte situada
detrás do cajetín deberá estar pechada.
- A PERTIGA
A pértega poderá
ser de calquera material ou combinación de materiais e de calquera lonxitude ou
diámetro, pero a superficie básica terá que ser lisa. Poderá ir cuberta por
capas de cinta adhesiva na zona de agarre e no extremo da parte inferior.
- AS ZAPATILLAS
Reglamentariamente
a suela e o tacón das zapatillas poderán ter ata un máximo de 11 cravos. Para
pavimentos sintéticos a parte do cravo que sobresaia da suela ou tacón non debe
exceder de 9 mm. O diámetro máximo dos cravos será de 4 mm. Noutro tipo de
pavimentos a máxima lonxitude do cravo será de 25 mm e o diámetro máximo será
de 4 mm.
TÉCNICA:diferenzas na técnica dunha saltadora
veterana e unha novel
Para o análise
da técnica usaremos dous vídeos de dúas saltadoras de pértega. Unha é veterana actual record mundial feminino
Yelena Isinbayeva , e a outra é a actual campiona cadete feminina galega,
Raquel Peña.Con eles veremos as diferenzas entre unha saltadora veterana e
outra novel.
Así como o
programa das probas para as categorías de rapaces facilita as condicións de
execución dos diferentes xestos técnicos (reduce a distancia a correr,
alixéiranse os artefactos, acércanse e báixanse as vallas), nos saltos ao non
modificarse as condicións de realización das probas o que se modifica é o ritmo
e a execución do xesto técnico.
Por esta razón
non é igual o ritmo e o xesto técnico para saltar 5 metros que para saltar 3 ou
3,5 metros. Algunhas das fases do salto redúcense moito ou case non se realizan
por falta de “tempo” (duración máis curta de todo o salto) ou por falta de condición
física, ou , no caso do salto con pértega, pola pequena lonxitude da pértega.
A progresión do
perfeccionamento técnico debe seguir o mesmo orde que a execución das fases do
salto: Non é posible aproveitar a enerxía acumulada na pértega se non se transmitiu
adecuadamente esta enerxía dobrando a pértega e non se pode dobrar se non se
xerou suficiente velocidade horizontal.
Entrando xa na
técnica propiamente dita, dicir que todo o xesto técnico (dende que se comeza a
carreira ata o contacto coa colchoneta) considérase como un movemento único. Por razóns
didácticas divídese en varias fases.
Estas fases van
estreitamente ligadas, cada unha é consecuencia da anterior e todo o movemento
desenvólvese segundo un ritmo determinado.
A descrición do
salto nesta análise referirase sempre a un saltado destro, e dicir, que a man
superior é a dereita e a perna de batida a esquerda.
FASES DO SALTO
A.
Agarre da pértega
B. Carreira
de impulso (carreira de impulso e
transporte de pértega)
C. Enlace
carreira-batida (presentación da pértega)
D. Cravada-batida
(Cravada da pértega no cajetín e batida)
E. Fase
aérea con apoio na persiga (1º parte: penetración, péndulo e agrupamento; 2º
parte: extensión e xiro)
A anterior foto
correspondería a unha saltadora profesional, e agora veremos como sería o salto
a nivel xeral dunha saltadora cun nivel elemental:
É moi importante
que os principiantes e nenos realicen en primeiro lugar unha correcta carreira
e transporte da pértega.
Unha vez
dominado un bo e consolidado nivel na carreira, a posterior mellora do conxunto
de xestos carreira de impulso-presentación da persiga –cravada-batida e a
continuación penetración-péndulo permitirá coller máis agarre e realizar
progresivamente unha maior penetración.
Ata que un
principiante comece a dobrar a pértega saltará cunha pértega ríxida. Con ela
deberá realizar todo o conxunto de xestos técnicos de carreira de
impulso-presentación da pértiga-cravada-batica-penetración-péndulo.
O modelo de salto
con pértega ríxida é igual ao modelo de salto dobrando a pértega. Que o
principiante aprenda rapidamente a dobrar a pértega sen dominar os xestos
correctos de cravada-batida-penetración-péndulo coa pértega ríxida conleva a
non realizalos correctamente, xa que se tende a bater moi pouco, mover menos
aínda a pértega e basear o salto en dobrar a pértega de forma activa
(meténdose) ou pasiva (debido ao choque contra o cajetín) e deixarse levar por
ela.
E con unha maior
flexión da pértega haberá máis tempo para realizar un péndulo máis longo e
reducir o tempo de agrupamento.
Unha vez
dominadas as fases anteriores, os atletas de niveis máis avanzados poderán
mellorar e dominar as fases de extensión e franqueo do listón.
Nivel de
execución básico con agarre maior.
Ben, agora
pasaremos a analizar detalladamente cada fase da técnica e a comparar as dúas
saltadoras. Unha delas está en un nivel profesional, cunha técnica brillante e
a outra está nun nivel de execución básico.
A. AGARRE DA PÉRTIGA
A pértega
cóllese polo lado dereito do corpo, polo extremo superior con ambas mans. Estas
colócanse de forma natural: os polgares están detrás.
Débese agarrar a
pértega con toda a man. Pero si a mobilidade do pulso non o permite suxeitase
cos dedos polgar e índice.
A distancia
entre as mans varía segundo as características antropométricas de cada persoa:
anchura de ombros, lonxitude de brazos, flexibilidade de pulsos e ombros, etc.
O mellor criterio é a comodidade para baixar a pértega correctamente durante a
carreira e para poder levantar a pértega o máis alto posible durante a batida.
A distancia para
un saltador adulto é de 40 a 60 cm. Aproximadamente. A norma máis correcta para
elixir esta separación entre as mans é unha distancia igual ou maior que a
anchura dos ombros.
As mans máis
separadas facilitan a comodidade do transporte pero dificultan o resto das
fases do salto. Ao comezo, o aprendizaxe coa pértega ríxida é mellor unha
separación algo máis pequena.
Este agarre non
debe variar case nada a posición normal e natural dos brazos durante a carreira
sen pértega: os dous brazos flexionados polos cóbados e o seu percorrido sempre
cerca do corpo, levando a man por diante ata a altura dos ombros e por detrás
ata a cadeira.
B. CARREIRA DE IMPULSO
O obxectivo da
carreira e desenvolver ao máximo a velocidade posibles.
A altura do
salto depende en grande medida da velocidade e a precisión da carreira.
A carreira coa pértega
longa nas mans dificulta a realización dunha correcta técnica de carreira polo
tanto o desenvolver a máxima velocidade. Ademais o saltador ten que gastar
parte da enerxía na presentación e colocación da pértega no punto de apoio (o
cajetín). A forza cara adiante que exerce unha pértega colocada horizontalmente
e sostida por un extremo é entre 15 e 25 kg aproximadamente.
Ao igual que nos
outros saltos o comezo da carreira pode facerse dende parado ou con pasos
previos andando ou trotando. Para os novos convén a saída dende parado para
conseguir unha maior precisión.
A lonxitude de
carreira está en función da distancia na cal o atleta pode alcanzar a súa
máxima velocidade.
Un atleta sénior
soe realizar unha carreira entre 18 e 22 apoios a que corresponde unha
lonxitude entre 40 e 45 metros. E entre 14 e 18 apoios para as mulleres.
No
caso de Isinbayeva realiza 15 apoios máis a batida.
Os novos e
principiantes utilizan carreiras máis curtas: entre 8-10 e 14-16 apoios.
No
caso de Raquel Peña realiza 9 apoios máis a batida.
Durante toda a
carreira a pértega sempre ten que ir colocada diante, pero moi cerca, do
saltador. A punta da pértega debe ir baixándose de forma continuada durante
toda a carreira. Baixase coa acción da man e brazo dereitos, non da man
esquerda. A man esquerda mantén o equilibrio da pértega co cóbado dese brazo
sempre baixo, por debaixo da pértega (como en posición normal de carreira),
para o que é importante a posición do pulso esquerdo, xirando cara arriba a
man.
A carreira ten
que ser progresiva e harmoniosa, cunha zancada ampla e uniforme durante toda
ela. Ao principio da carreira aumenta a amplitude da zancada e ao final aumenta
a súa frecuencia.
O tronco do
pertiguista débese manter vertical e con gran elevación de xeonllos para
contrarrestar a forza cara adiante e cara abaixo que exerce a pértega.
Na parte final
da carreira a pértega leva unha posición horizontal polo que aumenta a presión
sobre o atleta tirando del cara adiante. Esta presión débese contrarrestar
elevando as cadeiras e os xeonllos e aumentando a frecuencia da zancada.
Dous pasos antes
da batida comeza a acción de adiantamento e elevación do extremo da pértega.
Pero antes é
necesario coñecer como se transporta a pértega.
·
TRANSPORTE DA PÉRTIGA
Podemos
distinguir entre a posición de partida e a posición de carreira.
Posición de
partida
Actualmente
comézase coa pértega practicamente vertical. O brazo dereito flexionado, pegado
ao corpo coa man tocando lixeiramente a cadeira dereita.
O brazo esquerdo
flexionado coa man a altura do peito esquerdo, a uns 10 centímetros de el.
Esta posición é
cómoda, a pértega non exerce presión cara adiante e permite bastante liberdade
para comezar a carreira sempre igual.
O comezo da
carreira débese realizar adiantando e deixando caer un pouco a punta da pértega:
provocando un pequeno desequilibrio.
Os atletas novos
ao utilizar carreiras curtas teñen dificultade para baixar a pértega dende a
vertical ata a posición de cravada en un espazo tan reducido polo que se
modifica a posición da pértega ao comezar a carreira.
-Deben baixar o
extremo da pértega durante o primeiro paso dende a vertical ata que a punta
estea algo por riba da estatura do atleta.
-Deben comezar a
carreira xa coa punta da pértega elevada algo por riba da cabeza do atleta.
No
caso de Raquel non se aprecian diferenzas moi notables con respecto a
Isinbayeva, e malia que o número de apoios da carreira é menor comeza coa
pértega case vertical e non se aprecia que a baixe no primeiro paso.
Posición de
carreira
Os brazos están
flexionados cos cóbados cerca do corpo, como na carreira libre.
A man dereita (a
superior) é a man máis atrasada, palma cara arriba, o dedo polgar apunta cara
abaixo e os demais cara arriba, está ou lado da cadeira sen sobrepasala cara
atrás.
A man esquerda
colle a pértega co polgar cara arriba e a palma cara abaixo, diante do peito,
non moi afastado del.
Hai que
transportar a pértega de forma cómoda pero firme, por elo a pértega ten que
descansar sobre o dedo polgar da man esquerda e sobre a palma da man dereita. O
pulso esquerdo debe xirar a man cara arriba.
Durante a
carreira hai que levar a pértega con soltura permitindo os movementos rítmicos
dos ombros e os brazos (cóbado e pulsos) propios da carreira, pero evitando
esaxerados movementos laterais ou de adiante atrás e viceversa.
A diferenza máis notable na carreira é a inclinación do tronco, levando Raquel o tronco máis inclinado cara adiante que Isinbayeva.
C. PRESENTACIÓN DA PÉRTIGA
O obxectivo é
preparar a batida elevando o extremo da pértega o máis alto posible por diante
do saltador sen perder velocidade ou aumentándoa.
Esta fase é
clave para o éxito do salto.
Normalmente
realízase nos dous últimos pasos da carreira, ou o que é o mesmo, durante os
tres últimos apoios dos pes no chan.
É importante que
o movemento de elevación do extremo da pértega se realice continuamente, sen
paradas tanto de pernas como de brazos.
A man esquerda
non debe baixar da posición que ten ata este momento durante a carreira; so se
debe mover cara arriba e adiante.
Raquel
aínda non realiza a presentación da pértega nos dous últimos pasos, se non que
apoia a pértega antes e arrástraa a altura do peito ata chegar ao cajetín onde
eleva os dous brazos e realiza a cravada e a batida.
Antepenúltimo
apoio: Perna esquerda.
A pértega está
case horizontal, ao comezarse a elevar a man dereita baixando a punta da pértega.
Este é o momento no que a man dereita está máis atrás, sobrepasando algo a
cadeira, para compensar a presión da pértega cara diante e permitir un mellor
movemento da pértega cara adiante e arriba.
Durante o paso
ao apoio do pe dereito (fase aérea desta zancada) a man dereita, coordinada co
muslo dereito, segue elevando o extremo da pértega por diante do corpo mentres
o brazo esquerdo, mantense na súa posición ou se eleva acompañando a acción do
brazo dereito.
Penúltimo apoio:
Perna dereita
A man dereita
está diante da cara e cerca da mesmo e a punta da pértega vaise baixando
dirixíndoa cara o cajetín. Realízase un impulso activo para levar ao saltador a
batida.
Durante o paso ata o apoio a perna esquerda (a
batida) séguese elevando continuamente e sen paradas, o extremo da pértega por
riba e diante do corpo estendendo os dous brazos. Ao final deste paso a punta
da pértega empeza a esvarar polo cajetín.
D. CRAVADA DA PÉRTIGA NO CAJETÍN E BATIDA
O obxectivo e
xerar un gran impulso vertical e colocar o corpo nunha posición adecuada,
mediante o aumento ao máximo do ángulo da pértega co chan e a transmisión da
enerxía adquirida durante a carreira co fin de MOVER E ACELERAR todo o posible
a pértega CARA A VERTICAL.
O último apoio:
A BATIDA desenvolvese dende que o pe esquerdo
toca o chan ata que despega completamente del.
O punto de
batida máis correcto (no cal está a man superior o máis alta posible) é xusto
debaixo da man superior do pertiguista. A posición da pértega debe estar no
EIXE CENTRAL, encima da cabeza para exercer unha forza máis efectiva na pértega
para movela e acelerala cara a vertical. Os atletas con gran capacidade de
salto poden ter o lugar de batida algo máis atrasado: ata medio pe máis atrás.
Non obstante é máis habitual que os atletas fagan batidas por diante da
vertical.
Durante a batida
búscase facer unha transmisión suave do peso do corpo a pértega.Por elo a punta
da pértega non ten que tocar o fondo do cajetín ata que non empeza a fase
activa da batida, é dicir, cando o corpo estirado do saltador pasa a vertical
do pe de batida. E para non perder enerxía o saltador debe ter unha actitude
muscular de rixidez e solidez, pero sen esperar o choque da pértega no cajetín.
Este choque sempre existe e supón un freo, pero o que hai que tentar é que sexa
o menor posible.
Para elo, a man
dereita durante a batida non debe de deixar de moverse arriba e adiante, o
igual que o brazo esquerdo. E como se o atleta intentara impulsar a pértega
coas dúas mans cara adiante para poñela en vertical. E so se pode realizar esta
impulsión mentres o atleta está apoiado no chan.
É importante que
nesta acción a man e o pulso esquerdo estean ben colocados para poder exercer
unha boa presión na pértega.
No caso da batida de Raquel, vemos que non ten a mesma forza que Isinbayeva para bloquear o brazo esquerdo, pero polo xeral, a técnica de batida é a correcta.
E. FASE AÉREA CON APOIO NA PÉRTIGA
Podemos
distinguir dúas partes: 1º, dende que o pe de batida se despega do chan ata a
máxima flexión da pértega (mentres a pértega se dobra) e 2º, dende enta máxima
flexión ata que se solta a pértega (mentres a pértega se endereita).
Esta fase é
diferente se a pértega non se flexiona ou se flexiona moi pouco, como sucede
cos principiantes.
A fase é moito máis curta pois non chegar a subir os pes
máis que ata a altura da cabeza. Practicamente non poden facer penetración e no
péndulo da perna de batida diríxemo co xeonllo, dobrando a perna.
1º parte:
PENETRACIÓN
O atleta, grazas
ao impulso orixinado pola batida, encóntrase colgado da súa man dereita,
avanzando co seu corpo cara a pértega que comeza a dobrarse.
A man e o brazo
esquerdo tamén deben seguir presionando e levantando activamente a pértega cara
arriba para permitir a penetración sen obstáculos pero non debe empurrar contra
a pértega solo para tentar dobrala, co que so logrará bloquear o tronco e
dificultar a elevación da cadeira e as pernas, se non para seguir movéndoa.
O tronco do atleta, seguindo o brazo esquerdo,
adiántase a man dereita e ao pe de batida; o atleta penetra cara a pértega CO
PEITO e non ca cadeira. Esta acción produce un estiramento de toda a
musculatura do corpo do saltador tensándoa e acumulando unha enerxía moi útil
para el posterior movemento de inversión.
Vemos,
no caso de Raquel, que a pértega flexiona moito menos, e que a penetración é
menos pronunciada. Tamén podemos apreciar como ademais do peito, tamén leva un
chisco a cadeira cara adiante.
PÉNDULO
A partir da
posición anterior o obxectivo e colocar a cadeira e as pernas por riba do nivel
da cabeza cando a pértega alcanza a súa máxima flexión.
Aproveitando o sobre-estiramento
de toda a musculatura da parte dianteira o corpo provocada pola penetración o
saltador intenta balancearse cara adiante. Isto conséguese mediante dúas accións
consecutivas:
1º Con un
movemento das pernas, principalmente da perna de batida, cara diante. A perna
libre permanece dobrada polo xeonllo mantendo a súa posición de batida. O corpo
e a perna de batida realizan este movemento o máis estirados posible: o
percorrido máis longo posible.
2º Cunha acción
dos ombros cara atrás axudada polo empurre dos brazos estirados cara a diante,
mantendo sempre os ombros o máis lonxe posible da pértega.
O
Péndulo de Raquel, malia que é máis curto que o de Isinbayeva, e a pértega
volve rapidamente a vertical, esta realizado cunha técnica correcta. A perna de
batida vai estirada en todo momento, ao contrario de como iria a de unha persoa
con menos experiencia que Raquel.
AGRUPAMENTO
Ao levar a pértega
a súa máxima flexión o atleta, o cal conseguiu seguir subindo a cadeira e os
per a vez que baixou os ombros, flexionou o corpo pola cadeira e polos xeonllos
(agrupouse) para xirar máis rapidamente para poñerse vertical. Neste momento de
máxima flexión da pértega as costas están máis ou menos paralelas ao chan
mentres os brazos seguen estirados.
O atleta debe
seguir realizando a acción de mover a pértega cos ombros cara atrás e abaixo e
o empurre dos brazos estirados cara adiante e abaixo, mantendo os ombros o máis
lonxe posible da pértega.
Como a pértega xa estaba volvendo a vertical durante o péndulo, agora, no agrupamento a pértega dobra cara o sentido contrario, o que provoca que Raque non teña un bo impulso para realizar a posterior extensión.
Cando
a Pértega de Raquel dobre máis conseguirá que o seu agrupamento teña máis
eficacia.
A
perna de batida de Raquel, nesta fase, está máis dobrada que a de Isinbayeva.
2º parte:
EXTENSIÓN E XIRO
O obxectivo e
colocar o corpo na mellor posición para aproveitar toda a enerxía posible da pértega
ao desdobrarse e ser empurrado por ela cara arriba.
Seguindo o
movemento do corpo estírase (EXTENSIÖN) moi cerca da pértega antes de que esta
se enderezase de todo, estirando a cadeira e as pernas mentres os ombros
continúan baixando ata colocar o corpo reto boca abaixo. A cabeza segue sendo a
prolongación natural da columna vertebral.
O brazo dereito
chega aínda completamente estirado a esta posición e mentres a pértega este
flexionada o brazo esquerdo presionará contra a pértega tentando manter os
ombros lonxe dela.
Raquel,
debido a unha falta de impulso, xa que a pértega non dobra, e tamén debido a
que aínda non ten a suficiente forza, en vez de estenderse cara arriba o que
fai e subir o corpo todo o que pode ata ver que logra superar o listón e lanza
as pernas estendidas cara adiante.
O XIRO do corpo
o redor da pértega comeza cando se está chegando a extensión total do brazo
esquerdo mediante a acción de tracción dos dous brazos cara abaixo, tentando
que a cadeira se manteña cerca da pértega ou en prolongación vertical por riba
dela. Hai que tentar realizar o xiro o máis tarde posible.
Unha vez que o brazo esquerdo se estirou de todo e
se solta empurrando a pértega, prodúcese o empurrón do brazo dereito / que xa
está flexionado) dende o ombro dereito –este movemento debe producir o xiro-
mentres se dirixen as pernas estiradas por riba do listón.
O xiro, Raquel dáo a vez que franquea o listón, debido ao acurtamento das diferentes fases.
F. FRANQUEO DO LISTÓN, CAÍDA E ATERRAXE
O obxectivo e
salvar o listón aproveitando a inercia dada pola pértega e o empurre dos
brazos.
O atleta tenta
envolver o listón perpendicularmente a el: flexionase pola cintura, mete o
peito e mantén a cabeza baixa.
Cando o peito está enriba do listón o atleta
endereitase e lanza os brazos cara arriba. Esta acción debe ser rápida pero non
brusca e descontrolada co fin de non golpear o listón co peito e cos brazos.
Como
xa dixemos antes, Raquel xira mentres franquea o listón, e o igual que
Isinbayeva cando o listón queda a altura do peito, Raque estende os brazos,
pero non se produce un envolvemento do listón.
A ATERRAXE
realízase sobre as costas debido a acción de rotación que se creou durante o
paso do listón.
A
aterraxe de Raquel prodúcese sobre os pes, como consecuencia da falta de
envolvemento na fase anterior.
BIBLIOGRAFÍA
- Consello superior de deportes do Ministerio de Educación, cultura de deporte do Goberno de España.
- Campos Granell, José, Gallach Lazcorreta. LAS TÉCNICAS DE ATLETISMO. Manual práctico de enseñanza. Editorial Paidotribo
- Ángel Sainz. SALTO CON PÉRTIGA. Madrid, Abril 2013
- Vídeo do salto de Raquel: http://www.youtube.com/watch?v=mfVt4aBRsl4&feature=youtu.be
No hay comentarios:
Publicar un comentario